18 de marzo de 2016

Punto 4: Organigrama, organización da empresa, currículums e tipos de contratos.

Neste punto catro dividimos a tarefa en dúas partes de maneira que puidemos realizar o traballo de maneira máis eficiente. O meu compañeiro realizou todos os currículums vitae dos nosos traballadores mentres eu realicei o organigrama, a organización da empresa e os tipos de contrato dos currículums feitos anteriormente.

Punto 3: Matriz Dafo

Neste punto do noso traballo, o meu compañeiro editou e realizou unha tabla coas debilidades, as fortalezas, as ameazas e as oportunidades do noso proxecto (matriz DAFO). Mentres él seleccionaba o formato da tabla, ambos pensamos e redactamos estes aspectos da nosa empresa.

Punto 2: Produtos Buckstar

Neste segundo punto os dous dividimos o traballo de maneira que cada un dos integrantes do grupo realizou a metade da carta de produtos da nosa empresa. O punto dous compoñíase dunha cafetería e unha pastelería, xunto cos seus correspondentes produtos. Eu realicei a parte da cafetería e o meu compañeiro a da pastelería. Ambos determinamos o prezo, o custo da producción, os materiais ou ingredientes e características de cada un dos produtos.
Aínda que o noso establecemento pode ofrecer máis produtos, o produto no que se centra a nosa empresa é o café e os seus diversos tipos.